Descargar

Xerador de listas de reprodución con IA

Como crear unha lista co Xerador de listas de reprodución con IA?

Queres descubrir unha lista de reprodución feita á túa medida? Só tes que abrir a lapela Listas de reprodución e seleccionar o botón Lista con IA. Describe o que buscas - xénero, estado de ánimo, instrumentos ou calquera outro detalle concreto - e a IA fará a súa maxia. Cando a túa lista de reprodución estea preparada, recibirás unha notificación e aparecerá na lapela Listas de reprodución para que a goces.

Exemplos de instrucións
«Unha lista indie tranquila con voces soñadoras e ritmos electrónicos minimalistas que me axude a desconectar.»
«Quero unha mestura para unha viaxe en coche con éxitos country animados e soft rock nostálxico.»
«Unha mestura relaxante de pistas ambient e neo soul para ler a altas horas da noite.»

Experimenta con distintas instrucións para conseguir a mestura perfecta de cancións que encaixe co teu estilo. Queiras pistas cheas de enerxía ou cancións chill-out relaxadas, o Xerador de listas de reprodución con IA ofrecerache unha selección á túa medida ao alcance da man. Goza da música!

Idioma