Descargar

Sorteos

Como ter máis posibilidades de gañar?

Soñas con Premium gratis? Estás no sitio axeitado! Pásate polas nosas redes sociais e busca a ligazón do último sorteo. Inicia sesión co teu correo electrónico ou cunha conta vinculada e comeza a acumular participacións facendo pequenas tarefas divertidas - como seguirnos, compartir o sorteo ou visitar algunhas ligazóns. Imaxínao coma unha busca do tesouro, pero en vez de ouro podes gañar o pracer da música sen anuncios. Cada tarefa = máis posibilidades de gañar. Escollemos os gañadores e avisámolos por correo electrónico, así que bota un ollo á túa caixa de entrada (e quizais tamén ao cartafol de spam - ás veces ponse celoso). Moita sorte, e que as listas de reprodución estean sempre do teu lado!

O sorteo rematou e non cheguei a participar!

Sentimos que o sorteo xa rematase, pero non te preocupes - facemos sorteos con regularidade. Se queres unha subscrición gratuíta, podes botarnos unha man dando a coñecer a aplicación, deixando opinións, enviando comentarios, informando de erros ou colaborando nas traducións. Se tes outras ideas, fáinolo saber. Grazas polo teu apoio!

Quero o código gratuíto de acceso vitalicio á aplicación

Participa nos nosos sorteos para ter a oportunidade de conseguir acceso vitalicio gratuíto. Tamén recompensamos as persoas colaboradoras cuxo traballo excepcional axuda de verdade a facer medrar o proxecto.

Podes colaborar:

  • Creando vídeos sobre a aplicación (en YouTube, TikTok, Instagram, etc. - titoriais, demostracións ou calquera cousa que che encante da aplicación)

  • Enviándonos música xenial para publicala

  • Escribindo artigos de blog ou titoriais sobre a aplicación

  • Enviando comentarios valiosos ou informando de erros relevantes

  • Axudándonos a probar a aplicación en diferentes dispositivos

  • Compartindo a aplicación en Twitter, Facebook, Reddit, Discord ou en calquera outro sitio que frecuentes

  • Axudando a outros usuarios nos espazos da nosa comunidade (comentarios na web, Telegram, Reddit, Discord, etc.)

Sempre nos encanta saber de persoas coma ti que nos apoian. Aínda que a túa idea non estea na nosa lista, estamos abertos a calquera forma creativa na que poidas axudar! Se tes talento ou enerxía para achegar, fáinolo saber!
Ten en conta que ningunha colaboración concreta garante o acceso vitalicio gratuíto. O acceso vitalicio gratuíto ten un gran valor e ofrecémolo con moito coidado - é a nosa maneira de agradecer as colaboracións verdadeiramente excepcionais que marcan a diferenza.

Idioma